O que é a vida

As miñas bágoas teñen un sentido,
e un único destino.
A dor que pensei que por fin conseguira destruir
volve agora como un gran monstro sen descubrir,
(deses que nin nos libros poden imaxinalos, sisi, incrible)

E é que, despois de tanto (tantísimo) tempo, xa tiña todo asumido, máis que aceptado case. Comezaba a atopar unha estabilidade cómoda e quentiña, afable, amable. Pero o golpe da morriña, de toda a mágoa que sentín e aquilo que non fun capaz de gritar forma parte da chispiña provocadora do estalido.

Se seguise sendo impulsiva como fun, estaría xa naqueles braciños chanchables que foran tan meus.

1 comentario:

Stella dijo...

Miña parrula, aconteceu algo?? Aínda que non me vexas conectada, se queres necesitas calqueira cousa, chámasme ou deixas escrito no msn.
Un bico, nana